Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Realización dun traballo en grupo ao longo do curso e presentación oral final do mesmo. O contido e as características deste traballo daranse a coñecer ao alumnado nas primeiras sesións de clase. Os diferentes aspectos a recoller desenvolveranse tamén nas distintas sesións maxistrais e casos de estudo realizados.
O alumnado deberá realizar unha memoria e unha presentación final en PowerPoint ou similar. Definiranse datas de entrega tanto para a memoria coma para a presentación, así como unha data final para a presentación oral do traballo.
O traballo requirirá a aprendizaxe autónoma do alumnado, que será guiado e titorizado polo titor/a asignado/a ao longo do cuadrimestre.
Proba mixta Exame final sobre os contidos teóricos e prácticos da materia, que poderá combinar diferente tipoloxía de preguntas (preguntas de resposta breve, preguntas de ensaio, exercicios prácticos e preguntas obxectivas ou tipo test).
Estudo de casos Resolución, individual ou en grupo, de casos de estudio propostos sobre distintos aspectos do mundo da moda. O alumnado deberá comprender a problemática que formula o caso en cuestión e responder unha serie de preguntas en torno á súa resolución ou comentario.
Estes casos iranse detallando ao longo do curso, conforme ao plan de traballo, e poderán incluír presentacións, debates ou sesións de discusión dirixida. O traballo desenvolverase maiormente na clase. Porén, poderán definirse datas de entrega para cada caso.
Sesión maxistral Exposición oral dos contidos que conforman o marco teórico da materia guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e da introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa fin de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento.
Prácticas a través de TIC Resolución de problemas de natureza teórica e práctica, propostos en sesións prácticas, facendo uso das tecnoloxías da información e comunicación. Os problemas poderán estar relacionados cos contidos do traballo tutelado para que sirvan de apoio ao mesmo. A resolución dos prácticas farase de modo xeral nas propias sesións prácticas onde se leven a cabo, aínda que poderán esixir un certo grado de traballo autónomo, fóra da aula, por parte do/a estudante.
Foro virtual Existirán dous foros virtuais, a saber:
- Foro virtual de debate: canle que o alumnado poderá empregar para a proposta de debates e a participación nestes.
- Foro virtual de aprendizaxe: canle que o alumnado poderá empregar como espazo para o intercambio e a reflexión de aprendizaxes e a proposta de novas actividades.
Seminario Realización de seminarios con profesionais expertos en temas da materia, sempre que sexa posible.