Metodoloxías Descrición
Prácticas a través de TIC Desenvolveranse clases prácticas para a recolección e análise de datos sobre o obxecto investigado.
Traballos tutelados Realizarase un traballo orientado á aplicación dos conceptos e técnicas da materia de forma autónoma por parte do alumnado, contando sempre coa atención personalizada e seguimento do docente. Os traballos elaboraranse de acordo coas pautas formais e de contido proporcionadas.
Lecturas Lectura individualizada dos textos propostos polo docente e debate colectivo na aula no que se fundamenta a discusión crítica sobre os seus contidos.
Presentación oral Procurarase a interación entre o alumnado e o docente de xeito ordenado, propoñendo cuestións reflexionando sobre os temas propostos ou plantexando dúbidas de forma constructiva.
Os estudantes terán que realizar exposicións orais na clase.
Proba obxectiva Proba obxectiva dirixida a verificar o nivel de consecución da materia por parte do alumnado.
Sesión maxistral Desenvolvemento expositivo dos contidos esenciais que compoñen o contido da materia, así como das cuestións teórico-prácticas necesarias