Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Tanto a parte teórica como a práctica serán explicadas en clase.
Proba mixta Proba que pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación sobre os contidos teóricos e prácticos da materia para a avaliación dos coñecementos adquiridos.
Traballos tutelados Presentarase un traballo relacionado cun dos temas da materia.

O traballo terá como data límite de entrega 20 días antes do exame final.
Lecturas Efectuaranse diversas lecturas para que o alumnado faga un resumo, comentario e análise crítico do asunto exposto.
Portafolios do alumno Cartafol de traballo do alumnado que deberán entregar periodicamente e no prazo estipulado ao profesor coas distintas actividades expostas nas aulas: exercicios prácticos para o seguimento dos coñecementos adquiridos.