Metodoloxías Descrición
Presentación oral Ó longo das aulas procurarase a interación entre o alumnado e profesorado de xeito ordeado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. Os alumnos terán que falar de/expoñer dos traballos prácticos que realicen.
Portafolios do alumno Cartafol de traballo dos alumnos que deben entregar periodicamente e no prazo estipulado ao profesor coas distintas actividades realizadas en clase: resumenes ou esquemas, test, exercicios prácticos... Permitirá profundar sobre os contidos e realizar o seguimento dos coñecementos adquiridos.
Traballos tutelados Realización por parte do alumnado dun traballo autónomo orientado á profundización nos contidos da materia, baixo a vixilancia e seguemento da profesora. Proporcionaranse instrucións precisas para a súa realización.
Sesión maxistral Exposición oral dos contidos básicos da materia, elaborados e expostos pola docente, que pode apoiarse en medios audiovisuais. Abordaranse cuestións teóricas e prácticas necesarias para o desenvolvemento do traballo tutelado e os traballos do portafolios.