Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 A17 Proba teórica dirixida a avaliar o grao de coñecemento acadado polos estudantes en relación cos contidos da materia. 50
Estudo de casos A1 A17 Avaliación do desenvolvemento e resolución dos casos propostos na materia. Considerarase especialmente o compoñente crítico-reflexivo e o grao de innovación proposto polo estudante na resolución dos problemas plantexados. 30
Prácticas a través de TIC A1 A17 Avaliarase o grao de coñecemento e xestión dos programas e plataformas empregadas para o desenvolvemento das prácticas propostas. 20
 
Observacións avaliación

Os/as estudantes con matricula parcial, dispensa académica de exención de asistencia serán avaliados co mesmo sistema e deben poñerse en contacto coa docente na primeira semana de clases do segundo cuadrimestre para organizar un plan de traballo. 

Os traballos e actividades deben ser orixinais. Débese observar o sistema de citas e referencia. O plaxio será motivo de suspenso.