Metodoloxías Descrición
Prácticas a través de TIC Realización, por parte do alumno de forma individual ou colectiva, de traballos nos que se requira o emprego de ferramentas ou programas nos que aplicar os conceptos previamente expostos.
Traballos tutelados Realización, por parte do alumno de forma individual ou colectiva de proxectos nos que se poña en práctica o aprendido en cada tema da materia. O profesor tutelará a evolución do traballo.
Proba obxectiva Realización dunha proba escrita individual onde haberá preguntas de resposta multiple, preguntas abertas de desenrolo e/ou preguntas de resposta breve.
Sesión maxistral Impartiranse aulas nas que se presentarán contidos teóricos en combinación con exercicios prácticos. Algunhas sesións serán impartidas ao modo tradicional (exposición de contidos) e outras baixo o criterio de flipped classroom (deixaranse materias para revisión por parte do alumno e adicarse a aula para a resolución de dúvidas ou verificación dos conceptos adquiridos)