Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Ao finalizar o período de prácticas, cada alumno/a presentará ao titor académico unha memoria de prácticas na que describa de forma detallada as tarefas e actividades realizadas, así como unha reflexión sobre a formación recibida. Dita memoria elaborarase seguindo as pautas formais e de contido indicadas polo titor académico.
Prácticas de laboratorio Prácticas desenvolvidas polo alumnado nas entidades coas que a UDC ten convenio. O traballo dos/as alumnos/as estará supervisado polo/a titor/a académico/a (profesor/a da Facultade) e o/a titor/a profesional (persoa responsable do centro).