Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Nas sesións maxistrais desenvólvense os contidos da materia tanto a nivel teórico como práctico.
Prácticas a través de TIC Durante o curso propoñeranse problemas para que os alumnos os resolvan de forma teórica e práctica mediante simulación.
Proba obxectiva A proba obxectiva escrita ten o obxectivo de comprobar se o alumno adquiriu as competencias fixadas como obxectivo desta materia.
Solución de problemas Durante sesións presenciais formularanse supostos prácticos para a súa resolución.
Proba de resposta múltiple Realizarase polo menos unha proba de resposta múltiple, para a comprobación dos coñecementos adquiridos, en horario de clase.
Presentación oral Realizarase polo menos unha exposición audiovisual dun tema proposto utilizando de xeito preferente as TIC.
Prácticas de laboratorio Consistirá na simulación e/ou montaxe de circuítos básicos de instrumentación electrónica utilizando o programa de simulación electrónica Orcad Pspice e os equipos de laboratorio.