Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Os titores de cada Traballo Fin de Máster atenderán ao estudante no horario normal de titorías para a resolución de dúbidas e problemas xurdidos e o seguimento do traballo.

Poderá facerse de forma presencial, no despacho do titor, ou de forma non presencial mediante algúns dos seguintes medios previamente acordado polo titor e o estudante:
- Correo electrónico.
- Chat por Microsoft Teams.
- Videoconferencia por Microsoft Teams.
- Chamada telefónica.