Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Realizaranse prácticas nas que se mostrará os alumnos distintos aspectos da corrosión e triboloxía de materiais metálicos.
Traballos tutelados Realizarase un traballo en grupo cuxo título será proposto polos propios alumnos con obxecto de incentivar a súa creatividade e iniciativa.
Proba obxectiva Realizarase unha serie de pequenos controis en horas de clases sobre a temática das últimas clases.
Sesión maxistral Realizarase unha exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.