Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral B1 B5 B15 B14 B6 C7 C9 C11 A presentación oral do traballo/traballos teóricos, a presentación escrita dos mesmos e a participación activa nas presentacións dos compañeiros teñen un peso importante na calificación final. É imprescindible obter unha calificación de aprobado nesta metodoloxía de forma independente (nota mínima de 5 considerando que se valora de 0 a 10) para poder aprobar a asignatura. 30
Traballos tutelados B2 B3 B4 B13 C1 C3 Propoñeranse varios traballos prácticos ó longo do curso centrados na aplicación de técnicas de aprendizaxe automática en problemas de enxeñaría. Estes traballos serán desenvolvidos de forma autónoma por parte do alumno fora das clases e terán que ser defendidos posteriormente. É imprescindible obter unha calificación de aprobado nesta metodoloxía de forma independente (nota mínima de 5 considerando que se valora de 0 a 10) para poder aprobar a asignatura. 60
Proba obxectiva B1 B14 B6 A comprensión dos conceptos explicados polo profesor nas sesións maxistrais implica que os alumnos participen nas clases de maneira activa, expondo dúbidas e aproveitando ao máximo a interacción persoal. Esta comprensión valórase na nota final da materia a través dos cuestionarios online que se realizan nos minutos finais de cada sesión maxistral 10
 
Observacións avaliación
A avaliación desta asignatura baséase na superación das dúas principais metodoloxías, traballos tutelados e presentación oral, de forma independente. A primeira céntrase na demostración práctica de coñecementos e habilidades adquiridas para resolver problemas de enxeñaría a través de técnicas de aprendizaxe automática, e a segunda sobre a realización e presentación dun traballo sobre un tema específico no programa teórico. Polo tanto, no caso de que o alumno non supere a materia na convocatoria ordinaria, debe repetir, na convocatoria extraordinaria, as actividades necesarias das metodoloxías que non foron aprobadas. Por exemplo, se un estudante aproba a parte da presentación oral pero está suspendido nos traballos tutelados, deberá repetir o traballo/s práctico necesario para acadar o aprobado, xeralmente aquel/es que non foron aprobados.

Evaluación da convocatoria adiantada (Decembro): os alumnos que opten por esta convocatoria deberán realizar as metodoloxías de traballos tutelados e presentación oral, pero non a proba obxectiva. O valor desta metodoloxía súmase na de traballos tutelados, pasando a valer un 70%. E necesario que se poñan en contacto cos profesores ó comezo do cuatrimestre (Setembro) para ter un plazo suficiente de entrega.

Os alumnos con matrícula a tempo parcial, en caso de non poder realizar a presentación oral co resto do alumnado nin presencialmente ni online, deberán concretar unha data alternativa cos profesores. Esta modificación debe solicitarse aos profesores da materia ao comezo do curso.