Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Descrición
A atención personalizada estará garantida na realización das prácticas de laboratorio, sendo imprescindible para dirixir ao estudante no desenvolvemento do seu traballo. Esta atención personalizada serve, ademais, para validar e avaliar o traballo realizado polo estudante nas distintas fases do seu desenvolvemento, ata a súa finalización.

Estudantes con matrícula a tempo parcial e con dispensa académica de exención de docencia: deberanse poñer en contacto cos profesores da materia para establecer as medidas de atención personalizada específicas.