Metodoloxías Descrición
Foro virtual Actividade virtual a través de TEAMS, onde se explicarán os conceptos fundamentais da materia, mediante unha exposición oral, complementada con medios audiovisuais e multimedia para facilitar a aprendizaxe.
Prácticas a través de TIC Coa axuda de sistemas multimedia. analizaremos os modos máis relevantes do comportamento das máquinas eléctricas .
Solución de problemas A través de TEAMS, explícanse e resolven os problemas máis relevantes dunha maneira sistemática, analizando as dificultades que poidan xurdir, resolvendo dúbidas coa finalidade de proporcionar ao alumno os recursos necesarios para a súa posterior resolución dunha maneira autónoma.
Proba práctica Permite a avaliación dos traballos, competencias e habilidades adquiridas polos alumnos, fomentando o seu traballo autónomo