Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición dos conceptos básicos de cada tema, facendo especial fincapé naqueles puntos que son a base para o desenvolvemento do tema.
Proba obxectiva Para a avaliación dos coñecementos adquiridos realizásense probas obxectivas compostas basicamente de resolución de problemas e resposta a cuestións de teoría.
Traballos tutelados Realización dun traballo tutelado, no que se realizará o análise dinámica dun sistema mediante o uso do programa Matlab.

Este traballo será realizado en grupo; o número de alumnos definirase ó principio do curso.
Traballos tutelados Realización dun traballo tutelado, no que se abordará un tema específico relacionado coas Partes 2 e 3 do programa da asignatura. O devandito traballo realizarase de modo individual.
Presentación oral Presentación oral do traballo tutelado relacionado coas partes 2 e 3, fronte ao resto dos alumnos e o profesor da materia. Realizarase, así mesmo, a avaliación do resto de traballos expostos. A necesidade de realización ou non desta presentación, definirase a principios de curso e publicarase na plataforma Moodle.