Metodoloxías
Proba obxectiva
Aprendizaxe colaborativa
Descrición
Durante a realización dos traballos na aula que constitúen a Aprendizaxe colaborativa, o profesor estará a disposición do alumno para aclarar dúbidas, orientar a realización do exercicio, etc.
Así mesmo, ao longo do curso e especialmente antes da realización da Proba obxectiva, o profesor estará a disposición do alumno durante as horas de tutoría para aclarar todas as dúbidas que se lle poidan presentar. É posible concertar unha cita noutro horario a través do correo electrónico do profesor.
O horario das tutorías é o seguinte:
- Miguel Ángel Naya: luns, martes e mércores de 9,00 a 11,00.
- Urbano Lugrís: luns, martes e mércores de 11,00 a 13,00.
- Alberto Luaces: luns, martes e venres de 10,30 a 12,30.