Metodoloxías
Solución de problemas
Traballos tutelados
Prácticas de laboratorio
Descrición
Na atención personalizada tratarase de emendar posibles deficiencias na formación química previa do estudante e de resolver dúbidas e cuestións puntuais que, normalmente, impídenlle o seguimento xeral da materia.

Realizarase un seguimento do traballo do estudante no laboratorio, tomarase en consideración as súas suxestións e prestaráselle axuda para aclarar as dúbidas.

Nas sesións de solución de problemas, en grupo mediano, prestaráselles axuda para aclarar conceptos e resolver posibles dúbidas.

Na elaboración dos traballos tutelados facilitaráselles a asistencia que precisen para a súa preparación e exposición.

O/a estudante con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia será atendido en régimen de horas de tutorías (previa cita).