Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A17 B2 B3 B4 B5 B7 C1 C4 C6 Examen final da materia 70
Traballos tutelados A17 B2 B3 B4 B5 B7 C1 C4 C6 Entrega e presentación dun traballo proposto polo profesor. 30
 
Observacións avaliación

O "Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia" comunicarán ó inicio do curso a súa situación os profesores da materia, segundo establece a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC" (Art.3.b e 4.5) e as “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario (Art. 3 e 8b).

Para os alumnos que soliciten a dispensa académica a avaliación será igual ao resto xa que os traballos tutelados serán completados fora do horario de clases.

Para os alumnos tanto de primeira como de segunda oportunidade, a avaliación realizarase dando o peso relativo indicado na táboa de metodoloxías. Os alumnos poden recuperar na data do exame de segunda oportunidade a parte correspondete á proba mixta, pero os casos de estudo serán avaliados de xeito continuo durante o curso.