Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A26 B1 B2 B4 B5 B7 B9 C1 C2 C4 C5 Realización de traballos que complementen as clases teóricas e de problemas. 50
Proba mixta A26 B1 B2 B4 B5 B7 B9 C1 C2 C4 C5 Probas de distinto tipo (test, exercicios, pregustan curtas...) sobre os temas que se desenvolvan nas clases. 50
 
Observacións avaliación

Para levar a cabo unha avaliación continua, na parte correspondente a Metroloxía, realizaranse 4 probas obxectivas durante o curso, que ponderarán 10%, 20%, 30% e ou 40%, respectivamente, na cualificación da 1ª oportunidade. Na segunda oportunidade, só realizarase unha  proba obxectiva que terá un peso  do 100%  na avaliación.

Na convocatoria adiantada non existe posibilidade de realizar o traballo tutelado polo que se realizará unha única proba mixta, na data establecida pola dirección do centro, que supoñerá o 100% da cualificación.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso 0 na materia, na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación para a convocatoria extraordinaria.

As persoas matriculadas a tempo parcial deberán poñerse en contacto, a principio de curso, co profesor ou profesora que coordine a materia  para programar as actividades que deberán desenvolver para superala.

O alumnado con dispensa académica poderá solicitar a realización das titorías nun horario diferente ao publicado na web dá UDC.