Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados B2 B4 B7 B9 C6 Realízanse traballos individuais e un traballo de final de curso supervisado polo profesor.

Para o traballo de final de curso distribúese aos alumnos en equipos de traballo (xeralmente formados por dous alumnos) e encárgase o deseño dunha máquina ou produto complexo.

Aqueles alumnos que asistiron polo menos ao 80% das clases presenciais e superaron satisfactoriamente os traballos individuais e o traballo de fin de curso proposto, aproban a materia.

Os alumnos con dispensa académica terán que presentar os mesmos traballos que o resto dos estudantes, ca diferenza de que non se lles esixe o requisito de presencialidade.
100
 
Observacións avaliación
No caso da avaliación da 2ª convocatoria, o 100% da nota final corresponderá á avaliación do traballo final.

No caso da avaliación da convocatoria extraordinaria, o 100% da nota final corresponderá á avaliación do traballo final.