Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados B2 B3 C4 C6 Unha vez rematadas as prácticas o/a estudiante e o/a tutor/a profesional deberán presentar os seus informes ó tutor/a académico/a, sendo esta última persoa a que porá a nota do/a estudiante 100
 
Observacións avaliación
Para ser avaliado/a, o/ a alumno/a deberá ter subido ao Moodle da materia de prácticas correspondente o proxecto formativo, o informe profesional e a memoria final de prácticas con anterioridade ao inicio do período de avaliación de dita oportunidade.

Abrirase esta tarefa para subir dita documentación, en caso de dúbida ou que exista algún problema contacte no correo de prácticas externas: subdireccion.practicas.epef@udc.gal

A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:
  • Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático.
  • Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos