Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio B1 B2 B4 B5 B6 B7 B9 C4 C6 Hai que asistir sistematicamente ás prácticas e elaboralas durante o curso, para que a profesora poida avaliar o traballo realizado e que se inclúa na cualificación final. Non vale presentalas ao final sen asistir a clase, xa que, neste caso, non se terán en conta para a nota.
No proceso de avaliación das prácticas de laboratorio vaise realizar unha practica nunha sesión, na que o estudante individualmente resolverá co computador os problemas expostos pola profesora.

30
Traballos tutelados B1 B2 B4 B5 B6 B7 B9 C6 C4 O traballo involucra os contidos teóricos e prácticos desenvolvidos na materia. Débese realizar individualmente nas sesións de prácticas ao longo do curso e en casa, nas horas non presenciais asignadas a este proxecto. Vaise a realizar un seguimento individualizado da realización do traballo nas sesións de prácticas. Non vale presentar o traballo o último día sen asistir a clase, xa que, neste caso, non se terá en conta para a nota.
70
 
Observacións avaliación
<p class="MsoNormal">O estudante, cuxa presencia ao longo do cuadrimestre sexa
insuficiente para realizar o seguimento do seu traballo, por dispensa académica
ou por outras causas, terá igualmente que elaborar e presentar as prácticas e o
traballo tutelado para a súa valoración. O seguimento do devandito traballo
efectuarase nas sesións de tutoría. Neste caso, o proceso de avaliación da
materia pode incluír ademais da presentación das prácticas e do traballo
tutelado, unha sesión práctica individual ou en grupo, na que o estudante
resolve manualmente e/ou co computador os problemas expostos pola profesora.</p><p class="MsoNormal">&nbsp;</p><p class="MsoNormal">Para a segunda oportunidade pódese presentar o traballo pendente e
mellorar o xa realizado. O seguimento realízase en sesións de tutoría. A
avaliación realízase mediante a presentación das prácticas e dos traballos
tutelados pendentes e/ou mellorados. O proceso de avaliación da materia pode
incluír, ademais da presentación das prácticas e do traballo tutelado, unha
sesión práctica individual ou en grupo, na que o estudante resolve manualmente
e/ou co computador os problemas expostos pola profesora.</p>