Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral O profesor establecerá as liñas xerais a seguir polos alumnos e dará orientacións precisas do traballo para desenvolver. Dispoñerase en Moodle apuntes e transparencias sobre a materia, que non constitúen un texto completo; o alumno debe completalos con detalles ou matizacións que comente o profesor.
Solución de problemas O alumno terá que resolver os unha serie de problemas de aplicación dos conceptos a estudar.
Traballos tutelados Traballo no cal o alumno deberá aplicar coñecementos adquiridos na materia.
Prácticas de laboratorio Levaránse a cabo prácticas de laboratorio, ben mediante o uso de ferramentas informáticas específicas ou ben levando a cabo medicións en montaxes reais.
Saídas de campo Visitas a construcións industriais, nas cales o profesor comenta os sistemas construtivos de cada conxunto visitado, explica as súas características, misións e outros aspectos, relacionando todo iso co temario da parte de construcións industriais, para que o alumno poida observar in situ, en directo, moitos dos aspectos que ven na devandita parte.
Proba mixta Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe.