Metodoloxías
Solución de problemas
Descrición
Titorías presenciais sobre os temas das aulas maxistrais, sobre a resolución de exercicios, debates e outros ámbitos relacionados coa materia. Circunstancialmente poderá usarse o correo electrónico e a plataforma Teams para realizar as titorías.

Os/as estudantes matriculados/as na modalidade de Dispensa académica deberán:

i asistir ás probas obxectivas (exames) da materia,
ii realizar as prácticas de laboratorio do programa, os profesores de prácticas facilitarán a elaboración das mesmas
iii e entregar, ben en man ben electronicamente, os exercicios previstos nas datas fixadas, podendo facer as titorías telematicamente,
iv As/os estudantes con dispensa académica tamén están obrigados á realización dos test de autoavaliación de cada tema de teoría.