Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A4 B1 B2 B3 B4 B5 B6 C6 Realización de cada unha das prácticas, entrega do informe, participación activa nas mesmas. Interese e actitude do alumno. 5
Proba obxectiva A4 B1 B2 B5 B6 Aproximadamente na metade do cuadrimestre, realizarase un primeiro exame parcial (teoría e problemas) eliminatorio correspondente á materia impartida ata ese momento. Ao finalizar o cuadrimestre realizarase un segundo exame parcial (teoría e problemas) para os alumnos que superasen o primeiro parcial e un exame global da materia (teoría e problemas) para os alumnos que non se presentaron ou non aprobasen o primeiro exame parcial.
Cada exame constará de dúas partes independentes, sendo necesario obter unha nota mínima en cada unha delas para compensalas:
- teoría, puntuación máxima 4 puntos, puntuación mínima para compensar 1,5 puntos.
- problemas, puntuación máxima 3 puntos, puntuación mínima para compensar 1 punto.
70
Solución de problemas A4 B1 B2 B3 B4 B5 B6 Resolución dos boletíns de exercicios e participación activa na aula. Interese e actitude do alumno. 15
Traballos tutelados A4 B1 B2 B3 B4 B5 B6 C2 C3 C6 Realización en grupo e exposición na aula dunha actividade dirixida.
Realización dunha actividade individual.
Interese e actitude do alumno.
10
 
Observacións avaliación
- Para poder sumar os puntos das distintas actividades á nota do exame, haberá que alcanzar neste un mínimo de 3 puntos.
- Para poder ter os 1,5 puntos correspondentes á participación en clases de problemas, os alumnos deberán resolver na aula dous exercicios de boletíns non correlativos de materia do primeiro parcial da materia e dous exercicios de boletíns non correlativos de materia do segundo parcial da materia.
- Aqueles alumnos que realizasen e superasen as prácticas de laboratorio da materia en cursos anteriores poderán decidir se as fan novamente ou non. En caso de non repetilas, manteráselles a cualificación obtida no seu momento.
- As cualificacións correspondentes á participación en clases de problemas e á realización de traballos tutelados non se mantén dun curso a outro.