Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A4 B1 B2 B3 B4 B5 B6 C6 Valorarase a realización dos prelaboratorios, as capacidades e destrezas do alumno na realización do traballo experimental, a súa capacidade para interpretar os resultados obtidos e a elaboración dos informes de laboratorio. 5
Proba mixta A4 B1 B2 B5 B6 Aproximadamente na metade do cuadrimestre, realizarase un primeiro exame parcial (teoría e problemas) eliminatorio correspondente á materia impartida ata ese momento. Ao finalizar o cuadrimestre realizarase un segundo exame parcial (teoría e problemas) para os alumnos que superasen o primeiro parcial e un exame global da materia (teoría e problemas) para os alumnos que non se presentaron ou non aprobasen o primeiro exame parcial.
Cada exame constará de dúas partes independentes, sendo necesario obter unha nota mínima en cada unha delas para compensalas:
- teoría, puntuación máxima 4 puntos, puntuación mínima para compensar 1,5 puntos.
- problemas, puntuación máxima 3 puntos, puntuación mínima para compensar 1 puntos.
70
Solución de problemas A4 B1 B2 B3 B4 B5 B6 Realizaranse periódicamente probas curtas en grupo mediano para avaliar a evolución do alumno. Ditas probas faranse sen previo aviso co obxectivo de que o alumno leve a materia ao día. 15
Traballos tutelados A4 B1 B2 B3 B4 B5 B6 C1 C2 C6 Realización de tres actividades dirixidas.
Capacidade do alumno para resolver situacións problemáticas concretas e participar nas clases.
Interese e actitude do alumno.
10
 
Observacións avaliación

- É imprescindible que os alumnos coñezan a formulación química inorgánica: nos exames non se correxirán os exercicios nos que a formulación sexa incorrecta.

- Para poder sumar os puntos das distintas actividades á nota do exame, haberá que alcanzar neste un mínimo de 3 puntos.

- Para poder ser evaluados, @s alumn@s han de ter feitas como mínimo o 75% das prácticas de laboratorio.

- Aquel@s alumn@s que realizasen e superasen as prácticas de laboratorio da materia en cursos anteriores, poderán decidir se as fan novamente ou non. En caso de non repetilas, deberán solicitar a convalidación das mesmas e manteráselles a cualificación obtida no seu momento.

- A avaliación no exame de 2ª oportunidade (exame global da materia) realizarase seguindo os mesmos criterios empregados no exame de 1ª oportunidade.

- A avaliación no exame da convocatoria adiantada realizarase seguindo os mesmos criterios empregados no exame de 1ª oportunidade.

- A cualificación correspondente á realización de traballos tutelados non se mantén dun curso a outro.

- No caso d@s alumn@s que soliciten matrícula a tempo parcial, han de saber que non se acepta dispensa nesta materia.

- A realización fraudulenta das probas ou actividades de evaluación implicará directamente a calificación de suspenso '0’ na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera calificación obtida en todas as actividades de evaluación de cara á convocatoria extraordinaria.