Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Os contidos da materia así como as distintas metodoloxías empregadas requiren que o alumnado traballe tamén autonomamente. Isto pode provocar que xurdan dúbidas que se poderán resolver personalizadamente preguntando ao profesorado nas titorías. Estas serán presenciais cando as circunstancias o permitan e telemáticas noutro caso.

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia fará uso das titorías como referente para o seguimento da materia e o traballo autónomo.