Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación da asignatura, en grupo grande (GG).
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de preguntas motivadoras dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.

Corresponde á clase de teoría, en grupo grande (GG).
Solución de problemas Técnica mediante a cal ha de se resolver unha situación problemática concreta, a partires dos coñecementos e procedementos que se teñen estudado e traballado.

Corresponde á clase de problemas, en grupo mediano (GM).
Prácticas de laboratorio Metodoloxía que permite que os estudantes apliquen os coñecementos adquiridos, a través da realización de actividades de carácter práctico.

Corresponde á clase de prácticas de taller, en grupo pequeno (GP).
Proba mixta Esta proba consiste na resolución de problemas e/ou ítems.