Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Saídas de campo A31 A33 A40 B1 B2 B3 B4 B5 B6 Actividades desenvolvidas nun contexto externo ao contorno académico universitario (empresas, institucións, organismos, monumentos, etc.) relacionadas co ámbito de estudo da materia. Estas actividades céntranse no desenvolvemento de capacidades relacionadas coa observación directa e sistemática, a recollida de información, o desenvolvemento de produtos (bosquexos, deseños, etc.), etc. 5
Proba mixta A31 A33 A40 B2 B3 C1 Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.

A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.
45
Traballos tutelados A31 A33 A40 B2 B3 B4 C1 Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
45
Solución de problemas A31 A33 A40 B2 B3 Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo. 5
 
Observacións avaliación

A
avaliación da materia basearase:

-Na realización dunha proba mixta escrita na
que se inclúen conceptos teóricos e prácticos, o peso desta proba é de
4.5 puntos sobre 10.

-Realizarase un traballo tutelado sobre un buque proposto na clase que segue as normas esixidas pola EPEF para a elaboración do caderno 12 do TFG, incluindo os seguintes temas: fondeo, amarre e remolque; goberno e maniobra; augas doces e residuais; sistema de carga e descarga. O peso deste traballo será de 4.5 puntos sobre 10

-A solución de problemas nas clases e  a asistencia nas saídas de campo programadas (visitas a buques e instalacións
industriais navais) se valorarán  1 punto sobre 10.

NOTA
IMPORTANTE - En calquera caso, o alumno, para aprobar o curso, debe aprobar por
separado a proba mixta e o traballo tutelado

A
segunda oportunidade e a convocatoria anticipada (decembro) avaliaranse como a primeira oportunidade, xa descrita con anterioridade.

A
realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará
directamente a cualificación de fallo '0' na materia na correspondente
convocatoria, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as
actividades de avaliación da convocatoria extraordinaria.