Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Expoñense os contidos da materia. Amósanse exemplos de aplicación dos coñecementos desenvolvidos e propóñense actividades relacionadas.
Proba práctica Con eles pásase de teoría á práctica. Resólvense problemas concretos da materia desenvolvida nas clases maxistrais.
Proba mixta Son útiles para coñecer o grao de aproveitamento que o alumnado fai das clases e o estudo persoal. Pode consistir nunha explicación de parte do contido da materia, a contestación a preguntas test, a resolución de cuestións teóricas ou prácticas ou o desenvolvemento de solucións a cuestións que implican o dominio profundo da materia.
Solución de problemas Utilízanse os coñecementos adquiridos para resolver distintas cuestións.