Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A7 B2 B4 B6 C3 C4 C8 Son obrigatorias. Valorarase o traballo realizado no laboratorio e o informe presentado e outros trabalhos afins propostos. Se farán sesión presenciais e online. 10
Proba obxectiva B1 B2 B6 C1 C4 C6 Se fará unha proba obxectiva na convocatoria oficial de xaneiro e outra en xuño/xullo para aqueles estudantes que non superaron a materia na primeira oporunidade 60
Proba de resposta múltiple A7 B1 B4 C3 C6 Propoñerase test ao alumnado que abarcará os conceptos tanto teóricos cómo prácticos da materia . Os test poderán ser sustituidos pola resolución de exercicios curtos 30
 
Observacións avaliación

Alumnos/as de novo ingreso:

 

Para que un/a alumno/a poda
ser avaliado/a, débese ter en conta que a asistencia á clase é obrigatoria. Os
casos excepcionais poden ser contemplados a ser documentados.

As prácticas de laboratorio
son obrigatorias, de xeito que un/a alumno/a que non as realizou, non ten opción
a superar a materia. Deberáse obter unha cualificación mínima dun 50% nas prácticas de laboratorio para superar a materia.





A proba obxectiva abarcará todo o temario (Temas
1-8) e computará un 60% da avaliación. O/A estudante deberá ter un
mínimo do 33% da nota para aprobar a materia.

Os/as alumnos/as con
cualificacións de "non presentado" son aqueles/as que non se
presentaron á proba obxectiva.

 

Alumnos/as co dedicación a tempo parcial e dispensa
académica de exención de asistencia:

 

Os criterios e actividades de
avaliación para a primeira oportunidade dependerá da cantidade de dedicación a
este a tempo parcial. Os/as estudantes, que por razóns xustificadas (emprego,
enfermidade, ...) non efectúen a avaliación continua, a proba obxectiva escrita
supón o 90% da puntuación. O 10% restante corresponden á puntuación do
laboratorio, que é obrigatorio. Un/a alumno/a que non realice as prácticas, non
ten opción a superar a materia. No caso de non poder facer as prácticas
presencialmente, debe poñerse en contacto cos/as profesores/as para propoñer as
prácticas axeitadas á situación persoal.

Os/as alumnos/as con cualificacións
de "non presentado" son aqueles/as que non se presentaron á proba
obxectiva.

 

Alumnos/as repetidores:

 

Os/as alumnos/as repetidores
que faceren as prácticas no curso académico anterior, poderán renunciar por
escrito a fácelas de novo e optar a manter a puntuación do curso
2022-2023. No caso de non poder asistir, deberá poñerse en contacto cos/as
profesores/as no mes de setembro para buscar solucións axeitadas e adecuadas a
situación.

 

Segunda Oportunidade e convocatoria extraordinaria:

 

A proba obxectiva abarcará
todo o temario (Temas 1-8) e computará un 60% da avaliación. O estudante deberá
ter un mínimo del 33% da nota.

Se manteñen as cualificacións
obtidas para as probas de resposta múltiple ou exercicios avaliados e das
prácticas do laboratorio.

 

A realización fraudulenta das probas ou actividades de
avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria
na que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometeu: ou/a
estudante será cualificado con "suspenso" (nota numérica 0) na
convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta
prodúcese na primeira oportunidade como na segunda. Para iso, procederase a
modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
O profesorado poderá facer os trámites que considere oportunos en caso de
sospeita.