Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.

Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Presentación oral expor publicamente na aula ou mediante teams un traballo sobre algúns os órganos ou sistemas do corpo humano dirixido cara á profesionais sanitarios, pacientes, familias e grupos sociais, incluído aquel con dificultades de comunicación.
Traballos tutelados realizar diferentes traballos sobre os órganos ou sistemas do corpo humano dende o punto de vista anatómico.
Proba obxectiva constará de preguntas curtas ou test, relacionadas cos contidos teóricos, lecturas e traballos tutelados e colaborativos.