Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral
Exposición oral con apoio audiovisual na que, a partir dunha base anatomo-fisiolóxica, desenvolveranse os temas que comprende a materia, co fin de transmitir coñecementos acerca das principais alteracións de saúde no adulto e facilitar no alumno unha base teórica que contribúa á toma de decisións, priorización de problemas, e á planificación do seu traballo
Seminario Metodoloxía de aprendizaxe orientada a un nivel máis práctico, na que, a partir do estudo dun tema, o grupo adquira coñecementos e poida, en base a iso, expor unha discusión, hipótese ou presentar opcións de resolución de casos.
Nos seminarios promoverase a participación individual e colaborativa.
Poderanse realizar nos seminarios escenarios de simulación relacionados cos temas tratados na materia, para iso é posible que se modifique a estrutura dos grupos de traballo

Estudo de casos Actividade na que, unha vez adquiridos os coñecementos necesarios e facilitada documentación complementaria que contribúa á formación, exponse casos clínicos (situacións reais da actividade profesional) para que o alumno trate de analizar a situación, comprendela, e expoña as accións que considere para resolver o problema.
Este traballo exporase de forma individual ou en pequenos grupos, coa finalidade de desenvolver tanto capacidades autónomas como interpersoais dentro dun equipo.
Lecturas Conxunto de textos, artigos científicos, guías de práctica clínica, que se seleccionan tanto para que o alumno desenvolver capacidade de análise como para complementar os coñecementos adquiridos.
Mediante estas lecturas, téntase que o alumno se afaga á procura de información a partir das bases de datos e que se conciencie da importancia da formación continuada e da investigación para o desenvolvemento das súas funcións.
Proba obxectiva Tratarase dunha "proba do coñecemento dos temas" a través de metodoloxía online co fin de facer avaliación contínua.

Proba de resposta múltiple

Proba de resposta múltiple: Proba obxectiva de carácter evaluativo que integra preguntas de resposta múltiple referidas aos contidos desenvolvidos a través das distintas metodoloxías durante o curso.

Probas de coñecemento dos temas: Proba obxectiva de caracter evaluativo por tema