Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación da materia e revisión dos conceptos craves da Farmacoloxía.
Sesión maxistral Exposición oral e con medios audiovisuais dos temas que compoñen o programa da materia.
Obradoiro Sesións sobre os temas expostos na sesión maxistral co fin de aclarar puntos craves e/ou dúbidas dos alumnos. Combinaranse diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, casos clínicos, etc) a través do que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado
Proba obxectiva A proba obxectiva estará composta de dous partes: 1.) Presentación oral, no que se valorará de maneira obxectiva os contidos da materia e 2.) Proba de resposta múltiple: 50 preguntas con 5 respostas das cales só unha é correcta. Non se aplica factor de corrección polas respostas non acertadas.