Metodoloxías Descrición
Seminario Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todos os compoñentes do seminario. realizarase un seminario obrigatorio antes do inicio da rotación no ámbito sociosanitario
Solución de problemas Técnica mediante a que se ten que resolver unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron, que pode ter máis dunha posible solución.
No ámbito sociosanitario o alumnado seleccionaran un residente con dependencia moderada para realizar unha planificación de coidados individualizada.
Realizarase titoria obrigatoria para realizar a avaliación da planificación de coidados realizada e facilitar a reflexión acerca do xuicio clínico.
Portafolios do alumno Para a valoración final das prácticas (Saúde Mental) é obrigatorio a entrega dun portafolio (comentario reflexivo) (non cuantificable) sobre as vosas prácticas nas unidades de saúde mental polas que rotades. O máximo de extensión do comentario é de 350 palabras. O obxectivo dun ensaio reflexivo non só é falar do que aprendiches, senón que tamén é importante transmitir as túas experiencias persoais e as conclusións resultantes.
Aprendizaxe servizo Metodoloxía que combina o servizo á comunidade coa aprendizaxe nun só proxecto, no que o alumnnado se forma traballando en necesidades reais do seu entorno coa fin de melloralo.
Prácticas clínicas O ensino clínico pode entenderse como un proceso instrucional que ten lugar nun ambiente natural relacionado co exercicio dunha profesión, no que o alumnado observa e participa en actividades clínicas deseñadas para proporcionarlles oportunidades que supoñen a aplicación de feitos, teorías e principios relacionados coa práctica da mesma