Metodoloxías Descrición
Portafolios do alumno A súa realización é obrigatoria. Será avaliado polos docentes da materia.
Prácticas clínicas Un proceso instruccional que ten lugar nun ambiente natural relacionado co exercicio dunha profesión, no que os estudantes observan e participan en actividades clínicas deseñadas para proporcionarlles oportunidades que supoñen a aplicación de feitos, teorías e principios relacionados coa práctica da mesma.

A súa realización é obrigatoria en tempo, horario e centro establecido desde a Facultade. Como resultado do rotatorio práctico, xerarase un informe final, que será elaborado polos profesionais da unidade na que o alumno realiza a súa estancia. Este informe será finalmente revisado e valorado polos docentes da materia. Na elaboración do informe, teranse en consideración os coñecementos, as actitudes profesionais, as habilidades e destrezas técnicas e as aptitudes do alumno.