Metodoloxías Descrición
Portafolios do alumno A metodoloxía que se utilizará para realizar este portafolios é o Diario Reflexivo do/a alumno/a. Este diario, realizarase a través da plataforma Moodle e a súa cumprimentación é obrigatoria e consistirá nunha entrada mensual.
Eventos científicos e/ou divulgativos Antes de finalizar o rotatorio os/as alumnos/as asistirán na modalidade que permita a situación sanitaria do momento (virtual ou presencial) as Xornadas de Orientación Profesional organizadas pola Facultad e eventos científicos que se poidan programar. Prográmase como unha actividade de asistencia obrigatoria dentro da materia.
Prácticas clínicas Proceso instruccional que ten lugar nun ambiente natural, relacionado co exercicio dunha profesión, no que os/as estudantes observan e participan en actividades clínicas deseñadas para proporcionarlles oportunidades que supoñen a aplicación de feitos, teorías e principios relacionados coa práctica desta.
Prográmase como unha actividade de asistencia obrigatoria dentro da materia.