Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Os contidos teóricos básicos da materia serán impartidos mediante lección maxistral, pero cun enfoque participativo por parte do estudante. Baseada na exposición oral telemática complementada co uso de audiovisuais e introdución dalgunhas preguntas dirixidas ós estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Eventos científicos e/ou divulgativos Asistencia e participación a congresos e xornadas de orientación profesional, innovación e emprendimento (Xornadas Orientación profesional da Facultade, Laboralia, Plan de Acción Green Campus Ferrol, etc.) e elaboración dunha memoria-informe das mesmas.
A asistencia e participación nestas actividades permitirán ao alumnado profundar no coñecemento de temas de estudo relacionados coa materia e proporcionar coñecementos e experiencias actuais que incorporan as últimas novidades referentes ao ámbito de estudo.
Estudo de casos Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e comunicación.
A metodoloxía utilizada nesta materia basearase na Aprendizaxe Baseada en Problemas (ABP). É un método didáctico que permite ao alumnando adquirir coñecementos, habilidades e actitudes, para ser capaz de identificar, analizar e resolver problemas de saúde de maneira eficaz, eficiente e humana (Bridges, 1991; Branda, 1990)
No ABP un grupo pequeno de alumnos/as reúnese, coa facilitación de titor, para analizar e resolver un problema (escenario) seleccionado ou deseñado especialmente para o logro de certos obxectivos de aprendizaxe.
Cada estudante integrado, obrigatoriamente dentro dun grupo pequeno (5-6 membros), traballará conxuntamente na resolución das tarefas asignadas polo profesor para optimizar a súa aprendizaxe e o do resto dos membros do grupo. O desenvolvemento deste escenario farase durante as horas de seminario e en cada grupo nas horas de traballo autónomo.
Os grupos comporanse o primeiro día de clase da materia. Os resultados dos escenarios entregaranse a través da plataforma Moodle co nome de arquivo: EscenarioX_GrupoXnº.PDF
Seminario Clase en grupo para o estudo intensivo da xestión podolóxica e o uso do software de xestión clínica COGECOP ou equivalente da que o estudante deberá de realizar unha memoria de uso e valoración do mesmo.
Adicionalmente traballanrse sobre os aplicativos e sistemas de comunicación coa administración, tales coma o certificado dixital ou a plataforma É-Saúde.
Traballos tutelados Traballo en grupo de 5-6 alumnos/as no que se fará un proxecto de creación dun centro sanitario en que se presten os servizos de podoloxía e no que se deberán de describir:
- os trámites legais e administrativos necesarios para a creación de clínica podolóxica.
- procedementos para a creación e xestión dunha clínica podolóxica.
- plan de negocio e mercadotecnia da clínica podolóxica.
- localización e deseño da clínica podolóxica.
Este traballo deberase de entregar a través da plataforma Moodle. co nome: CS_podologiaGrupo.PDF
Proba de resposta múltiple Exame con 30 preguntas tipo test cunha única resposta correcta.
Devandito exame realizarase sobre a totalidade dos contidos da materia e todos os materiais entregados a través da plataforma Moodle así como os escenarios do "Estudo de casos".