Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple A13 A14 A61 A64 Exame con 30 preguntas tipo test cunha única resposta correcta cada 3 preguntas incorrectamente respondidas descontarán unha resposta correcta.
Devandito exame realizarase sobre a totalidade dos contidos da materia e todos os materiais entregados a través da plataforma Moodle así como os escenarios do "Estudo de casos".
INSTRUCIÓNS DO EXAME:
- Depositar carteiras, maletíns, bolsos, abrigos, apuntamentos e dispositivos electrónicos (incluíndo teléfonos móbiles e reloxos de calquera tipo) nos colgadores e mesas do fondo da clase.
- Non portar pantalóns curtos nin saias e levar pelo recolleito, cos pavillóns auditivos visibles.
- Durante o exame na mesa só deberán de estar o exame, o cartón identificativo do estudante (DNI ou cartón UDC) e un máximo de 2 bolígrafos azuis non borrables.
- A copia e o acceso con instrumentos electrónicos ou dispositivos móbiles (incluíndo teléfonos móviles, auriculares e reloxos de calquera tipo) será causa suficiente de expulsión da proba o que implicará a calificación de suspenso (nota numérica de 0) na convocatoria da materia (en ambas as oportunidades).
- Non escribir baixo ningún concepto na mesa nin mobiliario da aula.
40
Eventos científicos e/ou divulgativos C7 C8 Esta metodoloxía de aprendizaxe colaborativo, valorarase en función do número de copias dos diplomas da asistencia a xornadas/cursos sobre orientación profesional, innovación e emprendemento así como as conclusións do informe-memoria sobre as mesmas presentadas a través da plataforma moodle.
Nete apartado destaca especialmente as (destacando especialmente as Xornadas de Orientación Profesional en Podoloxía organizadas pola Facultade de Enfermaría e Podoloxía, para aqueles que participen en directo evaluaráse en función do número de charlas nas que asista de forma virtual e para aqueles que o hagan en diferido evaluarase en función da memoria individual que realicen de cada charla.
10
Estudo de casos A53 A64 B1 B2 B3 B7 B8 B18 B19 B22 C4 C6 O alumnado entregará o documento de resolución xustificada do traballo na tarefa Moodle e presentará e defenderá a solución dos escenarios a través do TEAMs da materia segundo o traballado previamente en grupo dentro da aprendizaxe baseada en problemas, dentro dos prazos marcados.

Criterios de cualificación
Avaliarase a relevancia do traballo feito, a consecución dos obxectivos prioritarios e secundarios dos problemas expostos, as interaccións persoais de cada estudante na aula cos demais membros do grupo (segundo o número de participacións nas reunión TEAMs do grupo), a achega ao proceso de razoamento grupal (avaliada por cuestionario a cada un dos membros do grupo), a integración de coñecementos teóricos básicos na aplicación práctica, o problema exposto e as conclusións establecidas, a reflexión xeral do aprendido no caso exposto, o pensamento crítico do grupo sobre o caso e a xustificación das intervencións e/ou respostas a través de bases documentais, normas e leis éticas e deontolóxicas actuais.
Valorarase a asistencia e participación na exposición e defensa do caso a través da plataforma TEAMs da materia. Aqueles que por problemas de conectividad ou motivos xustificados, participen en diferido, deberán de facer un breve resumo e valoración individual de cada un dos casos de todos os grupos de alumnos.
16
Sesión maxistral A13 A14 A61 A64 Valoraráse a asistencia e a participación activa e produtiva ás clases no TEAMs de materia.
Naquelas clases nas que o estudiante participe en diferido, para computar a sua participación na mesma deberá de entregar (individualmente) 10 preguntas tipo test do tema tratado coa xustificación da correccción ou falsedade de cada unha das 4-5 opcións de resposta.
5
Traballos tutelados B6 B10 B12 B15 B16 C1 C3 C5 Para a realización deste proxecto de creación de centro sanitario en que se presten os servizos de podoloxía valoraranse especialmente a orixinalidade e concreción nunha localización real concreta o plan de negocio e a desagregación dos trámites.
Valorarase a asistencia e participación na exposición e defensa do proxecto a través da plataforma TEAMs da materia. Aqueles que por problemas de conectividad ou motivos xustificados, participen en diferido, deberán de facer un breve resumo e valoración individual de cada un dos traballos de todos os grupos de alumnos.
17
Seminario A13 A53 A64 Valorarase a asistencia e participación no seminario, así como a elaboración dunha memoria de valoración de uso do software de xestión clínica COGECOP (ou equivalente) da que se valorará especialmente a creación de exemplos de datos e a valoración crítica do aplicativo incluíndo evidencias sobre o uso dos aplicativos coma o certificado dixital e a plataforma É-Saúde. 12
 
Observacións avaliación

Por tanto na matrícula ordinaria: o 40% da
avaliación de materia depende por tanto da proba obxectiva que neste caso será
unha proba de resposta múltiple. Por outra banda, o 27% da cualificación
dependerá dos traballos tutelados (17% do proxecto de creación de clínica e 10% de eventos). Finalmente, o 33%
da cualificación da materia dependerá da aprendizaxe colaborativo entendendo
como tal as sesións maxistrais (5%), os seminarios (12%) e o estudo de casos
(16%).

Aquel alumnado que non desexe ou non poida participar dos Eventos científicos e/ou divulgativos no seu lugar poderán presentar un traballo individual sobre algún dos temas ou contidos da materia (previamente acordado con responsable da materia), traballo que deberán de entregar antes da data do exame final, a través do Campus Virtual (plataforma Moodle).

Optarán á cualificación de Matrícula de Honra aquela alumna ou alumna que obtendo unha cualificación global superior ao 95% sexa a mellor cualificación da clase na oportunidade avaliada e a súa achega nas clases escenarios e seminarios fose significativa, priorizando os casos nos que participase de eventos relacionados coa materia ademais do traballo opcional.

Para aquel alumnado con matrícula a tempo parcial a sua
calificación corresponderá ó 60% coa nota da proba de resposta múltiple, o 15%
coa memoria de eventos científicos-divulgativos (ou traballo alternativo), 15%
co traballo tutelado de creación de centro sanitario e o 10% pola participación
e tarefas dos seminarios. Para o alumnado con dispensa académica a súa
calificación corresponderá ó 100% coa nota obtida na proba mixta. 

Segunda oportunidade: Para aquel alumnado que non superase a materia na primeira oportunidade de avaliación, manterase as mesmas porcentaxes de avaliación a cada metodoloxía que na primeira oportunidade e o alumno poderá volver realizar calquera das tarefas avalidadas, que estime convenientes, neste caso de forma individual (mesmo as que inicialmente eran en grupo) e deberá entregalas 7 días antes da data do exame. As tarefas que non repita manterase a cualificación da primeira oportunidade. Terá que repetir, en calquera caso, o exame final da materia.

Convocatorias de segunda e posteriores matrículas: Para aquel alumnado que curse a materia e realice os estudos de casos e traballos tutelados coa cualificación de apto, pode volver cursar toda a materia novamente ou presentarse só ao exame teórico final, tendo en conta que a cualificación do exame teórico fará media coas cualificacións dos seminarios,eventos científicos, os estudos de casos, traballos tutelados e clases maxistrais do curso académico no que cursase os estudos de casos.

Convocatorias da oportunidade adiantada de avaliación: Para aqueles estudantes que solicitasen a oportunidade adiantada de avaliación, cumpran cos requisitos e concédaselle poderán presentarse ao exame teórico final cuxa cualificación suporá o 100% da cualificación da materia.

A cualificación de non presentado: outorgarase a aqueles/es alumnos/as que non se presentan ao exame nin participasen de ningún escenario.

  

A fin de establecer un proceso de mellora contínua da materia e facilitar a participación de todos os alumnos/as, mediante o envío dun arquivo co nome Apelido1_Apelido2_Nome-VALORACION.doc se poderán sumar ata 0,4 puntos á puntuación da materia, a condición de que a suma destes puntos non supoña o aprobado da mesma. Esta puntuación virá determinada por:

  • Cubrir a enquisa de AVALIEMOS(http://www.udc.gal/avaliemos): +0,25puntos
  • Describir brevemente e de formaconstrutiva o que consideras o mellor e o peor da docencia da a materia así como proposta de cambios: +0,1 puntos
  • Contabiliza o total de horas dedicadas á materia: +0,05 puntos