Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Os contidos teóricos da materia serán impartidos de modo virtual mediante clases expositivas, con apoio de medios audiovisuais, imaxes, vídeos,... e con enfoque participativo por parte do alumnado.
Obradoiro Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (prácticas guiadas, exposicións, simulacións, debates, solución de problemas,... etc) a través da que o alumnado reforzará o seu coñecemento teóricos, co apoio e supervisión do profesorado. Esta metodoloxía levarase a cabo de modo virtual e presencial. Ó comenzo de curso fixarase as datas e grupos dos diferentes obradoiros tanto presenciais como virtuais.
Prácticas de laboratorio Nas prácticas de Laboratorio o alumnado debe pór en práctica os contidos teóricos da materia con actividades individuais ou en grupo.
Traballos tutelados O alumnado desenvolverá un traballo obrigatorio en grupo sobre un plan de tratamento ortopodolóxico.
Proba obxectiva A proba obxectiva está relacionada cos contidos expostos nas sesións maxistrais, talleres e prácticas de laboratorio.