Metodoloxías
Sesión maxistral
Presentación oral
Obradoiro
Traballos tutelados
Descrición
Durante as sesións maxistrais poderase expor as dúbidas que xurdan. Posteriormente e vía correo electrónico tamén se poden expor dúbidas sobre os temas expostos en clase. En cada tema haberá un foro/chat en moodle para as dúbidas que poidan xurdir.
Durante os talleres realizarase atención personalizada para resolver as dúbidas e problemas que lle xurdan ao alumno.
O alumno conta co apoio do profesor para a elección do tema do traballo tutelado. Ademais o profesor axudará o alumno nas dúbidas que lle vaian xurdindo durante a realización do traballo tutelado e a preparación da presentación oral.
Por último, o profesor colaborará co alumno na realización da presentación oral do traballo tutelado realizado.