Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas B25 B26 B27 B36 C11 Propoñeranse casos e exercicios que serán desenvoltos polos estudantes. 12.5
Presentación oral B24 B25 B26 B35 O Traballo tutelado deberá ser presentado de forma sincrona ou asíncrona dependendo das características do alumnado 7
Estudo de casos A79 A80 B39 C14 C15 Presentación de situacións prácticas, e información que axude a desenrolar e a asimilar os contidos da materia 21
Traballos tutelados A77 A79 A80 B25 B26 B39 C16 Proporase unha temática ao inicio do cuatrimestre para realizar un traballo de curso 14
Obradoiro A79 B37 C11 C14 C15 Valorarase a participación nos obradoiros que se desenvolvan en relación cos contidos de Desigualdades en Saúde 5
Proba obxectiva A77 B24 B25 B26 B27 B34 B35 B36 B37 B38 B39 C11 C14 C15 C16 Proba tipo test sobre os contidos da asignatura. Realizaranse dúas probas independentes sobre os contidos dos bloques de Psicoloxía e Saúde Pública 40.5
 
Observacións avaliación

As diferentes partes da materia serán cualificadas de forma independente, obtendo en cada unha delas unha puntuación entre 0 e 10 puntos.

Para superar a materia é necesario superar tanto a parte de Psicoloxía como a de Saúde Pública, de acordo cos criterios establecidos polo/a profesor/a correspondente, así como ter participado nos obradoiros relativos ós contidos de Desigualdades en Saúde (Enfermería).

No caso de que non se supere unha das partes na 1ª oportunidade, a nota máxima que figurará será de 4, e para a 2ª oportunidade manterase aprobada a/as parte/s que se teña/n superada/as na 1ª oportunidade dentro da mesma convocatoria.

A cualificación final calcularase tendo presente o número de créditos de cada unha das partes da materia. Por tanto, a nota final será a media ponderada calculada coa fórmula:

Nota final = 0,7 * Nota Psicoloxía + 0,25 * Nota Saúde Pública + 0,05 * Nota Desigualdades Saúde

Por limitacións da plataforma, o contido deste apartado é orientativo. Nos primeiros días de clase cada profesor/a comentará cómo se realizará a avaliación da súa parte.

MATRÍCULA DE HONRA

Poderán optar á calificación de Matrícula de Honra aqueles/as alumnos/as coas calificacións máis elevadas que obteñan unha nota final por encima de 9

NON PRESENTADO

A cualificación de Non Presentado corresponderá ao alumno/a que non se presente ás probas de avaliación esixidas nalgunha das tres partes das que consta a materia.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA AS UNIDADES DIDÁCTICAS DE SAÚDE PÚBLICA

Proba mixta: Realizarase unha proba obxectiva na data oficial do exame da materia. A proba constará de preguntas tipo test relacionadas cos contidos teóricos, as lecturas propostas e os problemas expostos no desenvolvemento da materia. Puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10. O resultado desta proba representará o 50% da cualificación global desta parte da materia.

Solución de problemas: formulación aos alumnos de casos prácticos que deben resolver facendo uso dos coñecementos teóricos que se traballan na materia, e cuxa entrega será puntuable nos casos nos que así se indique. Todos os traballos puntuaranse sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10. A cualificación media destes traballos representará o 50% da cualificación global desta parte da materia.

A cualificación final desta parte da materia calcularase de acordo coas porcentaxes anteriores. A puntuación mínima para superar esta parte da asignatura será de 5 puntos.

A metodoloxía de avaliación descrita é obrigatoria para os/ as alumnos/ as de matrícula ordinaria en primeira e segunda oportunidade.

En segunda e sucesivas matrículas non computarán as calificacións dos cursos anteriores.

Segunda oportunidade (e sucesivas), oportunidade adiantada: Os/ as alumnos/ as de segunda oportunidade ou oportunidade adiantada poderán elixir o sistema de avaliación descrito para a primeira oportunidade (sempre que entregasen en prazo as actividades académicas deseñadas para ese curso académico) ou a avaliación mediante un exame único que representará o 100% da nota final desta parte da materia. 

Matrícula parcial: Os/ as alumnos/ as de matrícula parcial deberán poñerse en contacto coa profesora desta parte da materia ao comezo do curso. Os/ as alumnos/ as con matrícula a tempo parcial poden acollerse a este último sistema de avaliación (avaliación mediante un exame único que representará o 100% da nota final desta parte da materia) tanto en primeira como en segunda oportunidade e en caso de oportunidade adiantada. 

CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA AS UNIDADES DIDÁCTICAS DE PSICOLOXÍA

A cualificación final da parte da materia que corresponde a contidos de Psicoloxía calcularase segundo as seguintes porcentaxes:

Estudios de casos -> 30%

Traballos tutelados -> 20% 

Presentación oral -> 10% 

Proba test -> 40%

 

CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA AS UNIDADES DIDÁCTICAS DE DESIGUALDADES EN SAÚDE

A cualificación desta parte da materia corresponderá á participación nos obradoiros que se realizarán sobre os contidos desenvolvidos.

Para axudar a conseguir unha contornainmediata sustentable e cumprir o obxectivo estratéxico 9 do "I Plan deSustentabilidade Medio-Ambiental Green Campus FCS", os traballos que se realicen nesta materia solicitaranse en formato virtual e soporte informático. De realizarse en papel:

a.- Non se empregarán plásticos.

b.- Realizaranse impresións a dobre cara.

c.- Empregarase papel reciclado.

d.- Evitarase a impresión de borradores, moiespecialmente en cor.