Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Os contidos teóricos básicos da materia serán impartidos mediante lección maxistral telemática, pero cun enfoque participativo por parte do estudiante.
Obradoiro Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado.
Aprendizaxe colaborativa Os estudantes en grupos de 5 desenvolverán un traballo de síntese e de corte práctico relativo a un dos contidos dos temas de materia.
Prácticas de laboratorio Usarase a metodoloxía de aprendizaxe práctica-reflexiva para a realización obrigatoria das prácticas da materia.
Proba obxectiva Exame teórico escrito con 10 preguntas curtas. A proba será elaborada co fin de valorar o nivel de coñecementos teóricos do estudante.