Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A2 B2 B3 C1 A fin de curso, no día e hora fixados polo centro, realizarase un exame dos contidos teóricos e prácticos. 40
Discusión dirixida B2 B4 B7 B8 Pedirase ao alumnado que participe activamente ao longo do cuadrimestre tanto durante as sesións como no foro virtual (expondo opinións, resolvendo dúbidas, participando no debate de temas previamente preparados, avaliando o traballo dos demais estudantes, etc.). 15
Estudo de casos A2 B3 C1 C3 C7 Pedirase ao alumnado que resolva un caso práctico de análise contable traballando en grupo. Valorarase de xeito conxunto, tendo en conta o rigor na resolución, o traballo en equipo e o axeitado uso de TIC (folla de cálculo, ferramentas de presentación, bases de datos, etc.). 30
Presentación oral B9 C4 No marco do caso práctico de análise contable resolto en grupo, valorarase de xeito individual a defensa nas sesións de seguimento e a presentación oral, tendo en conta a presentación e a resposta ás preguntas formuladas por profesorado e estudantes. 15
 
Observacións avaliación

O alumnado debe traballar de xeito continuado ao longo do curso, preparar semanalmente as cuestións e os casos prácticos propostos e participar activamente nas discusións promovidas durante as sesións e no foro virtual.  

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia. 

Seguindo as indicacións normativas, dito alumnado deberá comunicar a súa situación ao docente nos primeiros dez días do cuadrimestre en que a materia se imparte. Seguirá o mesmo sistema de avaliación, coas seguintes particularidades: a súa participación activa terá lugar mediante o foro virtual (discusión dirixida) e, agás para as datas aprobadas na Xunta de Facultade no que compete á proba obxectiva, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de datas compatible co plan de traballo da materia e coa súa dedicación.

Cualificación de non presentado.

Se non se entrega e presenta o caso práctico de análise contable, a cualificación nesa oportunidade será non presentado.

Avaliación da segunda oportunidade

Axustarase ao mesmo esquema previsto para a primeira oportunidade con dúas excepcións motivadas polo feito de non ter docencia nese período:

  • O caso práctico de análise contable será individual e será presentado na data aprobada en Xunta de Facultade para a realización da proba obxectiva.
  • A discusión dirixida se desenvolverá na mesma data que a proba obxectiva mediante unha única proba oral na que se analizarán noticias de actualidade no marco da análise contable coa finalidade de avaliar as competencias e contidos propios da materia.

O alumnado que desexe concorrer á segunda oportunidade, deberá contactar co docente antes do inicio do período de exames da segunda oportunidade, para que se lle asigne as empresas para resolver o caso práctico de análise contable.

Condicións de realización dos exames

Está prohibido acceder á aula de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información, non autorizado previamente polo docente.