Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral do profesor da materia da asignatura, que pode ir acompañada de imaxes, documentais, etc.
Traballos tutelados Estudo dalgún aspecto do programa de forma detallada a partir da utilización de bibliografía
Lecturas Cunha periodicidade aproximadamente semanal o alumnado deberá ler unha serie de textos, artigos ou capítulos de libros; ou buscar e analizar información que logo será comentada en clase na discusión dirixida
Discusión dirixida Comentario en clase por parte dos alumnos, baixo a dirección do profesor, dos textos recomendados como lecturas ou da información buscada previamente
Proba obxectiva Examen oral ou escrito da materia vista en clase, con preguntas ou comentarios de texto