Metodoloxías
Obradoiro
Prácticas a través de TIC
Traballos tutelados
Proba obxectiva
Presentación oral
Descrición
Establecerase un horario semanal de titorías para que os estudantes asistan a:
- Consulta de dúbidas sobre calquera aspecto da materia.
- Revisión das cualificacións das actividades avaliadas.

O profesor responsable tentará na medida do posible colgar a información pertinente da materia no Campus Virtual para facilitar así o seguimento da mesma. Tamén contestará a preguntas e dúbidas realizadas por correo electrónico.

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de titorías compatible coa súa dedicación.