Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Revisaranse os contidos do temario durante as clases para expor os principais conceptos que permitan ao estudante a realización de problemas e traballos relacionados.
Prácticas de laboratorio Sesión de traballo no laboratorio con células solares e equipamento relacionado coa materia.
Solución de problemas Dedicaranse varias sesións presenciais á resolución de problemas ou supostos propostos con anterioridade.
Traballos tutelados Proporase a realización dun ou varios proxectos de instalación de enerxía solar, dos que haberá que presentar unha memoria e realizar unha exposición.
Presentación oral Esta metodoloxía corresponde á exposición oral dos traballos realizados durante o curso.
Saídas de campo Procurarase realizar algunha visita a instalacións que dispoñan de sistemas fotovoltaicos e/ou térmicos.
Proba mixta Ao final do cuadrimestre, nas datas determinadas polo calendario do Máster, realizarase unha proba obxectiva na que se avalíen os coñecementos adquiridos na materia. Poderá conter preguntas curtas ou de tipo test, ou problemas.