Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Estudo de casos Son obrigatorias para todos os alumnos. Consiste na resolución de supostos. O alumno realizaraas de forma individual.
Traballos tutelados Desenvolvemento de traballos relativos á escritura de artigos científicos, relatorios de traballos científico-técnicos e elaboración de memorias de proxectos de investigación.
Presentación oral Para algún traballo tutelado, os estudantes deben preparar unha presentación onde expoñen o traballo na aula, resaltando as principais aportacións e conclusións.
Proba obxectiva Consistirá en cuestións teórico-prácticas sobre calquera dos conceptos incluídos no temario do curso.