Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Actividade presencial na aula, ou virtual mediante videoconferencia, onde se establecerán os conceptos fundamentais da materia. Realizarase mediante unha exposición oral, complementada con medios audiovisuais e multimedia, cuxo fin é transmitir os coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Proba práctica Permite a avaliación dos proxectos elaborados polos alumnos, as súas habilidades, competencias e coñecementos adquiridos, coa finalidade de valorar a súa capacidade para aplicar os coñecementos e habilidades, fomentar o seu traballo autónomo,capacidade de investigación e procura de información fiable.
Solución de problemas O profesor realizará diversos problemas tipo, explicando dunha maneira sistemática os diferentes métodos de resolución. En cada sesión resolveranse as dúbidas ou dificultades que poidan xurdir, a fin de proporcionar ao alumno os recursos necesarios para a súa posterior solución.
Proba de resposta breve O alumno debe responder a varias cuestións relacionadas co programa da materia, pode utilizar material de apoio, coa finalidade de comprobar o dominio dos contidos e a consecución dos obxectivos.