Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación da materia, en grupo grande (GG).
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de preguntas motivadoras dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.

Corresponde á clase de teoría, en grupo grande (GG).
Solución de problemas Técnica mediante a que ha de resolverse unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos e procedementos que se estudaron e traballado.

Corresponde á clase de problemas, en grupo mediano (GM).
Prácticas de laboratorio Metodoloxía que permite que os estudantes apliquen os coñecementos adquiridos, a través da realización de actividades de carácter práctico.

Corresponde ás prácticas de taller, en grupo pequeno (GP).
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e nun escenario profesional. Está referida prioritariamente á aprendizaxe do "cómo facer as cousas". Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.

Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor.

Con esta metodoloxía preténdese que o alumno poida coñecer as características dos analizadores de potencia para poder seleccionar o máis adecuado de entre a oferta comercial que ofrece o mercado.

É unha actividade complementaria das prácticas de taller, en grupo pequeno (GP).
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe.

Co fin de valorar con maior rigor a consecución dos obxectivos, a proba consta de dúas partes diferenciadas: preguntas de resposta múltiple (ítems) e resolución de problemas.

Preguntas de resposta múltiple (ítems): constitúe un instrumento de medida, cuxo trazo distintivo é que permite cualificar as respostas dadas como correctas ou non; ademais de valorar os coñecementos adquiridos.

Resolución de problemas: parte na que se pretende avaliar contidos conceptuais, procedimentales e actitudinais.

Corresponde ao exame de teoría e problemas.