Metodoloxías Descrición
Presentación oral Presentación oral dalgún dos traballos expostos durante o curso.
Estudo de casos Estudaranse e analizarán casos reais empresas, a través da lectura de artigos.
Sesión maxistral A metodoloxía da parte teórica son as sesións maxistrais. Na exposición dos temas recorrerase ás explicacións do profesor. Durante as clases exporanse as ideas esenciais do programa e exporanse nalgúns casos diversas cuestións para fomentar a reflexión e o diálogo entre os estudantes.
Proba mixta Realizarase un ou varios examenes, que constarán dunha parte teórica e dunha práctica.
Solución de problemas Presentaranse e resolverán casos prácticos que servirán para afianzar os contidos prácticos do programa.
Traballos tutelados Ao longo do curso poderanse propor distintos traballos que requiran o seguimento por parte da profesora.
Portafolios do alumno Un dos traballos tutelados requirirá a realización dun cartafol onde se recollan as seccións en que se estrutura o traballo, o que permite á profesora comprobar a comprensión dos conceptos así como a evolución na aprendizaxe.